Unha reporteira, en directo, coa súa cámara, atópase, grazas a unha nova tecnoloxía que permite viaxar no tempo, no ano 32 d.c. en Piloño, verdadeira aldea de Suso, disposta a saber da vida oculta do mesías. Para atopalo deberá entrevistar a Xosé, María, Mª Magdalena Martínez, e outros. Como ninguén sabe do seu paradoiro, contrata aos supostos reis magos para localizalo, estes son perseguidos polos romanos todo o traxecto ata morrer nun mísero portal. Cando por fin aparece Suso, que pronuncia mal o fonema “r”, cos seus discípulos, desvelásenos o misterio da “Santisima Tlinidade”.
Texto: Xavi Loureiro
Dirección: Xavi Loureiro e Iria Acevedo